Coas sementes que recolllemos no mes de outono e despois de gardalas no papel dun xornal fixemos nesta primavera a sementeira. En pequenas macetas recheas de terra, enterramos as sementes e naceron unhas novas prantas de cabaza, que cada un de nós levamos para a casa, para trasplantar na horta. Así cando chegue o mes de outono poderemos facer unha nova receita de respostería.
Da semente a pranta on PhotoPeach
viernes, 15 de abril de 2011
martes, 15 de marzo de 2011
O ENTROIDO
Chegou o entroido. Este ano imos de persoaxes do medievo. O segundo ciclo eliximos ir de DAMAS e CABALEIROS CRUZADOS . Sin pensalo moito puxémonos a confeccionar os traxes, os cascos, os toucados... Pasámolo moi ben.Aqui tedes unha mostra.
Presentación entroido
View more presentations or Upload your own.
martes, 21 de diciembre de 2010
SAÍDA POLA COMARCA DO EUME
O día 21 de outubro realizamos unha saída pola zona do Eume. Saímos do colexio as 9:30 horas cara a Capela para visitar o Museo etnográfico. Logo fixemos un roteiro polo Parque Natural das Fragas do Eume. As 13:30 horas xantamos no entorno do museo etnográfico. As 3:00 horas saímos para o Castelo de Moeche e voltamos ao atardecer. Foi unha excursión moi interesante.
martes, 9 de noviembre de 2010
A TORTA DE CABAZA
Este outono os nenos de 3º e 4º vaciamos unha cabaza, sacámoslle as sementes e puxémolas a secar en follas de xornais. Coa súa polpa fixemos unha tarta que estaba boiiisima.
miércoles, 3 de noviembre de 2010
BENVIDOS/AS O BLOG "A NOSA CLASE FANTÁSTICA"
Os nenos/as de terceiro curso de primaria, empezamos unha nova andaina polo mundo virtual. Esperamos que vos guste o noso traballo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)